As Xornadas de Saúde en Lousame informan sobre o Alzheimer
As Xornadas de Saúde 2013 en Lousame continúan coa charla sobre “A atención e os coidados ás persoas con demencia” impartida por Pablo Mirás Sánchez, psicólogo de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda Dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer) hoxe ás 19h no Salón de Plenos do Concello de Lousame. Para participar nas xornadas non se precisa inscrición e están dirixidas á toda a poboación da comarca interesada.











