As taxas e os impostos municipais en Lugo non subirán o vindeiro ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O alcalde e a concelleira de Facenda reuníronse esta tarde con representantes das asociacións veciñais da cidade e da parroquia de Piñeira, para explicarlles os motivos do incremento da taxa anual dos cemiterios municipais.

Severino Rodríguez e Mª Xosé Vega comentáronlles que dende hai 20 anos as taxas do cemiterio rexistraran escasas modificacións.

Os responsables municipais manifestáronlles que o do cemiterio é un servizo que permanece aberto mañá e tarde durante os 365 días do ano, o que conleva un custo do que as taxas que se viñan pagando non cubrían nin a quinta parte.

Os/as representantes das asociacións de veciños formularon varias preguntas sobre o servizo e os seus custos, dúbidas que lles foron aclaradas. Tamén lle trasladaron ó alcalde a existencia dalgunhas deficiencias nos cemiterios de Monforte e Piñeira, deficiencias que se solucionarán de xeito inmediato.

O alcalde anuncioulles que o vindeiro ano non se incrementará ningunha taxa nin imposto municipal.

8 de outubro de 2013 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.