As sesión do Obradoiro de creación literaria “Da memoria ao poema” continúan o seu percorrido

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Fundación Granell segue acollendo nas mañás dos sábados o Obradoiro de creación literaria Da memoria ao poema. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu á cuarta sesión do taller, que contou como convidado co escritor Antón Lopo. Este Obradoiro de creación literaria, organizado pola Concellería de Normalización e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, é impartido pola escritora Alicia Fernández. Está centrado na poesía e os participantes traballan os recursos lingüísticos, mais tamén acoden ao xogo e ás novas tecnoloxías para experimentar coas linguaxes poéticas.

Despois desta cuarta sesión aínda quedan outras seis, previstas para as mañás dos sábados 19 e 26 de outubro e 9, 16, 23 e 30 de novembro.

6 de outubro de 2013 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.