As obras da rede de saneamento do igrexario de Soutullo comezarán a próxima semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha comezará a próxima semana a execución das obras coas que se dotará co servizo de saneamento ao Igrexario da parroquia de Soutullo.

Esta nova rede de sumidoiros terá unha lonxitude total duns trescentos metros e poderanse conectar a ela a totalidade das vivendas situadas neste núcleo. Deste xeito completarase a cobertura en servizos no Igrexario de Soutullo, que recentemente xa foi dotado coa rede de subministro de auga potable.

Desde o Concello da Laracha continúase apostando por ampliar a cobertura destes servizos no rural co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas residentes nas parroquias, tratando de ofrecerlles os mesmos servizos municipais que nos núcleos urbanos.

Durante os últimos meses, e especialmente no verán aproveitando as condicións climatolóxicas favorables, xa foran construídas as redes de saneamento de Coirón (parroquia de Coiro) e O Retorno (Lendo) e melloradas as redes de abastecemento de auga en A Ferraría (Coiro), A Fonteseca e A Pedra (Golmar) e o Campo da Porta e Lista (Lendo).

26 de outubro de 2013 | 14:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.