publicidade hoxe

As Mariñas Coruñesas buscará un consenso para optar ao selo de calidade da reserva da biosfera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

A reserva mundial de biosfera “As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” promoverá o consenso para fixar os criterios da marca de calidade que distinguirá aos produtos do territorio. Será un debate no que participarán todos os axentes implicados, especialmente consumidores e empresarios, para decidir que e quen se poderá asociar ao selo de calidade.

Así o explicou o xestor da reserva, Jorge Blanco, na xornada “TERRITORIOS, MARCAS DE CALIDADE E PRODUTOS LOCAIS” celebrada hoxe no CEIDA e que contou coa participación de responsables doutras reservas de biosfera españolas que relataron a súa opinión e experiencia acerca da marca de calidade asociada a unha reserva.

As Mariñas Coruñesas apunta que esta marca deberá contar cunhas normas que determinen o seu funcionamento. “Non hai que poñerse límites que logo non se podan cumprir”, sinalou Blanco. O xestor resaltou a grande importancia de dispoñer deste selo de calidade dado que se converterá en “unha vantaxe competitiva” para as empresas que a poidan ofrecer. En ese consenso buscaranse criterios de que se procura coa marca e que é o que o sector produtivo pode ofrecer.

Pola súa banda, Antonio San Blas, da Reserva Mundial da Biosfera de La Palma, e un dos grandes apoios cos que contou a candidatura de Mariñas – Betanzos, falou da marcada de calidade do seu territorio. E Susana Gómez, da Reserva da Biosfera Vales do Leza, Jubera, Cidacos, Alhama – A Rioja, explicou vía videoconferencia a marca de garantía “Terra de Sabor”.

A xornada enmarcouse no proxecto de cooperación interterritorial “ASGAIA – Innovación”, financiado polo Ministerio de Agricultura e que se leva a cabo en varios territorios rurais do Principado de Asturias e de Galicia, co obxectivo de promover a innovación na industria agroalimentaria.

23 de outubro de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.