As escolas municipais de danza comezarán o próximo 16 outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A área de Cultura do concello do Carballiño informa do inicio das clases das escolas municipais de Danza o próximo 16 de outubro. Un ano máis esta escola municipal impartirá as mesmas disciplinas que en anos anteriores, ballet, aerobic latino, sevillanas, baile rexional canto e pandeireta, bailes latinos, e funky. Así mesmo tamén se impartirán clases de pilates.

Por outro lado dende a área de Cultura queren saír ao paso dos comentarios e queixas que algúns dos usuarios destas escolas están trasmitiendo ao citado departamento municipal. As clases das escolas municipais de danza só impartiranse en dependencias públicas, nunca noutro tipo de locais, tal e como se está a comentar entre os propios alumnos. Estas clases que se dan fóra de dependencias públicas son alleas ao concello.

Así mesmo recórdase que o prazo de matrícula para o presente curso finalizará o próximo 15 de outubro, para os que se matriculen por primeira vez, e o 8 de outubro para os alumnos que xa estiveron matriculados nestas escolas municipais.

8 de outubro de 2013 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.