publicidade hoxe

As escolas culturais e deportivas de Vimianzo rexistran preto dun milleiro de inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Na vindeira semana botan a andar as actividades das escolas culturais e deportivas do concello nas que en menos de quince días se inscribiron preto de mil persoas. Unha ampla programación cultural e deportiva que pretende dar continuidade ás escolas culturais con actividades que van medrando en participación, coa porta aberta sempre para que se vaian incorporando aquelas persoas que aínda non se inscribiran nas actividades.

Entre as escolas culturais destaca por participación de alumnos en actividades como guitarra, con máis 50 inscricións, baile galego con preto de 70, pandeireta que rolda a cincuentena, pintura con preto de 60 participantes e as vimitardes para os máis pequenos que teñen lugar en Vimianzo, Baíñas, Carantoña e Treos, onde hai máis de 50 participantes. En canto ás actividades deportivas patinaxe, conta cuns usuarios infantís que superan o medio cento; ioga e pilates onde hai unha listaxe de agarda considerable en espera da posibilidade de formar novos grupos, xa que as inscricións dobran o número de prazas dispoñibles; aeróbic, con 120 inscritos, sendo esta unha actividade que se leva a 9 parroquias do concello; ou actividade física para maiores, que supera a centena de participantes, tendo lugar en sete parroquias.

 Un grande éxito de participación veciñal en todas as actividades do que o goberno municipal se mostra orgulloso xa que demostra que a sociedade vimiancesa demanda cultura e demanda deporte, uns hábitos e unhas oportunidades ás que non hai que renunciar por decidir vivir nun concello rural, estando deste xeito á altura de concellos urbanos con moita maior poboación ca o noso.

O mesmo que se demostra domingo a domingo enchendo a Casa da Cultura con cada espectáculo teatral ou musical e o mesmo que se demostra cando se organiza algunha actividade deportiva que atrae centos de participantes, como puido ser a carreira pedestre ou o duatlón. A cultura e o deporte son dous pilares fundamentais do goberno municipal de Vimianzo e os veciños e veciñas estar a demostrar o seu apoio a estas iniciativas coa súa ampla participación.

26 de outubro de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.