As escolas culturais de Carral comezan con 50 participantes
A Concellería de Cultura está comezando o curso 2013-2014 dos obradoiros municipais culturais de Teares e Tapices, Fotografía e Cociña Infantil e Saudable, nos que participan algo máis de 50 alumnos e alumnas.
Dado o alto número de inscricións en Cociña Infantil e Saudable, existe lista de espera, pero coa posibilidade de que se se chega á cifra de 15 inscritos, se poida poñer en marcha un segundo grupo para os mércores de 17:30 a 19:30 h. Por isto permañece aberto o prazo para anotarse a esta escola.
Tamén segue aberta a posibilidade de anotarse á escola de Cociña para adultos, que aínda non comeza a súa actividade xa que faltan poucos inscritos para acadar a cifra mínima.
Durante esta semana e o luns estanse facendo as presentacións das escolas que xa inician a súa actividade.











