As comisións informativas previas ao pleno de outubro de Ames abordarán a aprobación da Conta Xeral
O Concello de Ames celebrará o vindeiro venres, 25 de outubro, as comisións informativas previas ao pleno ordinario de outubro. Entre outras cuestións, nestas comisións abordarase a aprobación da Conta Xeral de 2012 e a resolución das alegacións presentadas á expropiación forzosa de terreos para a potabilizadora Ames-Brión, que foi aprobada polo pleno no mes de agosto.
Como é tradicional no mes de outubro, abordarase a modificación de varias ordenanzas fiscais e non fiscais de cara a entrada en vigor no vindeiro exercicio fiscal. As modificacións propostas, que foron trasladadas con anterioridade aos membros da oposición e que dan cumprimento ao Plan de Axuste 2012-2022, consistirán na incorporación de melloras técnicas e formais na maioría de ditas ordenanzas e na actualización dos prezos segundo o IPC interanual de xullo de 2012 a xullo de 2013, que é do 1,8%. Algunhas ordenanzas, como a de auga e saneamento, non se actualizan.
Deste xeito, o venres trataranse as seis alegacións presentadas á aprobación da relación de bens e dereitos afectados polo procedemento de expropiación urxente da obra Abastecemento Ames e Brión (1ºFase). Esta relación foi aprobada por unanimidade no pleno de setembro e sometida a información pública no Boletín Oficial da Provincia e notificada aos propietarios.
Ademais, abordarase a aprobación da Conta Xeral de 2012, que foi ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas o pasado 26 de agosto e tamén sometida a exposición pública. Esta conta reflicte que o Concello de Ames pechou o exercicio 2012 cun remanente de tesourería de máis de 190.000 euros, o primeiro positivo desde o ano 2006, e unha cifra significativa despois de que na última liquidación o remanente de tesourería alcanzara un rexistro negativo récord de máis de -2.100.000 euros.
Outro dos puntos a tratar nas comisións informativas é a modificación e actualización de 15 ordenanzas fiscais e 5 non fiscais de cara a entrada en vigor no vindeiro exercicio fiscal. As modificacións propostas, que foron trasladadas con anterioridade aos membros da oposición e que dan cumprimento ao Plan de Axuste 2012-2022, consistirán na incorporación de melloras técnicas e formais na maioría de ditas ordenanzas e na actualización dos prezos segundo o IPC interanual. Algunhas ordenanzas, como a de auga e saneamento, non se actualizan.











