Apertura do prazo para anotarse na sexta edición do Encontro de Maiores de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello celebrará a sexta edición do Encontro de Maiores da localidade no mes de novembro. Terá lugar o día 22 no local da asociación de veciños de Viladonelle, xa que dende o ano pasado o Encontro se celebra nas sedes das entidades de Neda de xeito rotatorio. ¿Programa? Merenda-cea a base de sopa, cocido, bola, tarta, café e refrescos, e baile con música en directo.

A festa comezará sobre as 20,45 horas e a participación será completamente gratuíta para os nedenses maiores de 65 anos empadroados na real vila. Iso si, é preciso inscribirse previamente nas oficinas municipais, de luns a venres de 9 a 14 horas. As persoas que non residan en Neda pero que desexen asistir deberán pagar unha entrada de dez euros.

Deste xeito, o Concello anima aos maiores da localidade e da comarca a anotarse e participar deste encontro co que se pretende ofrecer unha actividade de ocio activo para a Terceira Idade, fomentando as relacións entre o colectivo.

30 de outubro de 2013 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.