Apertura do prazo de inscripción para participar no “Club de Lectura” para adultos de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Neda retomará o “Club de Lectura”, unha das actividades que tradicionalmente tiñan máis éxito de participación entre a veciñanza. Dirixida ao público adulto –maiores de 14 anos-, reuniráse unha vez ao mes, o terceiro mércores.

Segundo explicou a concelleira de Cultura e Educación, Eva Olmo, comezará a súa andaina o mércores 16 de outubro, ás 19 horas, na propia Biblioteca. Para un bo funcionamento, o grupo estará limitado a dez persoas e, en caso de que a demanda supere esa cifra, o Concello crearía un segundo grupo. Así mesmo, cada participante recibirá un exemplar do libro que se lerá ese mes, concedéndose un prazo de 30 días. Na seguinte reunión debatirase sobre este texto. E, ao final da xornada, entregarase o seguinte, para o debate do mes vindeiro. Buscaráse a elección de libros ao alcance de todas as persoas, pero dentro dunha calidade literaria que xustifique a discusión sobre a obra. ¿Obxetivos da experiencia? Eva Olmo explica que: achegar máis xente á lectura, ofrecer unha actividade de ocio con calidade para os que xa son lectores, propiciar o contacto social e cul-tural da poboación e formar e informar sobre literatura.

Por último, sinalar que as persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscripción na biblioteca, de luns a venres, de 9 a 13 e de 17 a 20 horas. A actividade está aberta incluso a veci-ños e veciñas que non sexan do municipio, aínda que dando prioridade ás persoas empadroadas en Neda.

7 de outubro de 2013 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.