Apertura do prazo de inscrición para a matrícula nas clases de graduado escolar para adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes manterá aberto ata o vindeiro 31 de outubro o prazo de inscrición para poder matricularse nas clases de cara á obtención do título de graduado escolar para adultos. Aqueles maiores de 18 anos que desexen obter esta titulación deberán apuntarse no Departamento de Cultura e Deportes, ubicado no primeiro andar da casa consistorial.

Nesta ocasión as clases darán comenzo o 4 de novembro. Éstas impartiranse na aula de formación dos baixos da Alameda de luns a venres, nun horario que vai dende as 19.30 ás  22 horas. Os interesados tamén poden chamar ao teléfono 981680002 para resolver calquera dúbida.

23 de outubro de 2013 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.