Ao redor de 6.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ortigueira durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrtigueira
A-
A+

Concluída a campaña estival e analizados os primeiros datos, a Concejalía de Turismo fai un balance positivo do verán que acaba de finalizar. Un total de 5.954 persoas pasaron nos últimos meses polos distintos puntos de información ao visitante habilitados polo consistorio co obxectivo de optimizar a promoción dos principais atractivos do municipio. Tanto as cifras de visitantes como as de ocupación hotelera melloran de xeito substancial os datos do pasado verán.

Desde o departamento que dirixe Mª Cruz Sabio destácase a evolución positiva do número de visitantes rexistrados en comparación coas campañas precedentes. Así, apúntase que, con respecto ao 2012, incrementáronse en algo máis dun 5% as consultas, rexistrándose en torno a medio milleiro de visitas máis. Uns resultados derivados sobre todo do bo comportamento de agosto (un 12% máis) e do repunte das visitas contabilizadas en setembro.

O balance de turismo constata o tirón do Festival Celta que, tras mobilizar a uns 50.000 folkies no seu 29 edición, mantense como o principal reclamo do municipio. E así mesmo referenda que agosto segue sendo o mes por excelencia para as vacacións dos españois.

Detallan desde Turismo que o contexto económico deixouse sentir tanto no feito de que as estancias foron máis curtas que outros anos como no incremento dos visitantes procedentes do resto de Galicia; aumento que se sitúa en tres puntos porcentuales, alcanzando o 15% do total, así como os chegados desde as comunidades autónomas veciñas. Con todo, e seguindo a tónica de anteriores veráns, o destino Ortigueira triunfa especialmente entre os madrileños, que representan máis da cuarta parte dos usuarios que se achegaron a oficinas abertas ao público (Porto de Ortigueira, A Lagarea e Loiba).

O aumento de visitantes traduciuse tamén nos datos de ocupación hotelera do conxunto da campaña estival. Esta moveuse en niveis próximos ao 80% (85% en turismo rural, 84% en hoteis e por baixo do 70% en pensións), o que supón catro puntos máis que o pasado ano. Neste sentido, e tras un xullo irregular, foi clave o mes de agosto que, en términos xerais, resultou moi bo, conseguindo os numerosos establecementos de turismo rural e os tres hoteis da localidade unha media do 96% de ocupación.

En paralelo, tal e como sinala a edil delegada do área, constatouse un incremento do turismo de raíz, é dicir, familias vinculadas ao municipio que, logo de anos de ausencia, volveron a terras orteganas; repuntó o turismo náutico e mantívose o boom das autocaravanas, un modelo en boga tanto entre os estranxeiros como entre os nacionais

Finalmente, en canto ás consultas máis habituais, cabo aludir ás referidas aos principais recursos turísticos do municipio e do conxunto da comarca, con especial interese por como chegar ás zonas de acantilados (Loiba e Garita Herbeira, sobre todo) e a praias virxes; ademais da procura de alternativas de aloxamento como camping – inexistente na Comarca- ou as zonas de aparcamiento autocaravanas máis próximas.

3 de outubro de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.