Álex Diz e Rubén Mouriz, de novo á sub-18
Esta mañá o club recibiu a notificación por parte da RFEF de que dous dos seus xogadores, Álex Diz e Rubén Mouriz, foron convocados polo seleccionador nacional sub-18 para unha convocatoria co combinado nacional con motivo dunha concentración que terá lugar do 3 ao 7 de novembro na Cidade do Fútbol de las Rozas. Os dous xogadores xa entraran nos plans da sub-18 en anteriores ocasións.











