Afeccións de tráfico por obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Tráfico e Mobilidade, informa das seguintes afeccións de tráfico:

-con motivo das obras de canalización subterránea para a iluminación pública na avenida Alfonso Molina cara á estrada de Pocomaco, mañá mércores 30 de outubro, será necesario entre as 10.00 e as 13.30 horas e entre as 16.30 e as 17.30 horas, a ocupación da beiravía e do carril dereito.

-con motivo das obras de rede de sumidoiros separativo na rúa Viena, consistentes na escavación dunha gabia para canalizacións de pluviais e fecais, dende mañá mércores 30 de outubro e ata o 31 de decembro, cortarase o carril de suba dende a intersección coa rúa Xenebra ata a intersección coa rúa Roma. O tráfico de suba desvíase pola avenida de Nova York, manténdose o sentido de baixada da rúa Roma cara á rúa Xenebra.

-con motivo das obras por parte da empresa Telefónica na avenida Finisterre dende Rolda de Outeiro ata o cruzamento coa rúa Gambrinus, mañá mércores 30 e o xoves 31 de outubro, ocuparase o carril esquerdo de tráfico en dirección saída cidade.

-con motivo das obras por parte da empresa Telefónica en avenida Finisterre dende a rúa Gambrinus ata o cruzamento coa rúa Newton, o luns 4 e o venres 5 de novembro, ocuparase un carril de circulación, quedando sempre outro carril libre no mesmo sentido.

29 de outubro de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.