Afeccións de tráfico por obras en diversas rúas coruñesas
A Concellaría de Tráfico e Mobilidade informa das seguintes afeccións:
-con motivo das obras de asfaltado de Paseo de Rolda entre Manuel Murguía e avida da Habana, será preciso o corte ao tráfico do sentido de circulación de saída da cidade durante a noite de hoxe xoves 31 de outubro en horario de 22.30 a 5.00 horas.
-Prorrógase a afección ao tráfico con motivo da reparación da rede de sumidoiros na praza de Padre Rubinos entre os números 1 e 4. É necesario o corte total ao tráfico da citada rúa, cortándose o acceso á devandita praza dende a Rolda de Outeiro. A obra que tiña unha data prevista de finalización do 31 de outubro prorrogarase ata o luns 4 de novembro ás 18.00 horas.
-Debido a que non puideron comezar as obras de fresado e asfaltado das canalizacións efectuadas para a rede de alta tensión en C/Antonio Machado e que implicaban o corte dun carril manténdose en todo momento un carril de circulación aberto; autorízase a prórroga da afección para o luns 4 de novembro a partir das 15.00 horas o fresado e en horario nocturno o asfaltado.
-Debido a que non puideron comezar as obras de fresado e asfaltado das canalizacións efectuadas para a rede de alta tensión no ramal de suba de avenida Camilo Jose Cela cara á avenida de Monelos, e que implicaban o corte total do citado ramal, autorízase a prórroga da afección, sendo posposta ata o luns 4 de novembro no mesmo horario (23.45 a 7.00 horas)
-con motivo das obras de canalización de gas na avenida de Arteixo autorizouse o corte de tráfico do acceso á Rolda de Nelle á altura do Pazo da Ópera. A alternativa de tráfico para acceder á Rolda de Nelle será dende rúa Enrique Dequidt e Pla e Cancela ou ben pola rúa Bolivia e rúa Palomar. As obras iniciaranse o próximo luns 4 de novembro ás 9.30 horas e terán unha duración estimada ata o día 22 de novembro.











