AFAL Ferrolterra pon en marcha Talleres de Memoria para maiores de 60 anos

Taller de memoria
AFAL Ferrolterra informou esta mañá do inicio dos seus Talleres de Memoria para maiores. A iniciativa formúlase como unha medida preventiva e, con ela, preténdese exercitar a mente dos participantes. Por iso, os únicos requisitos para asistir ás sesións son ter máis de 60 anos e non padecer ningunha enfermidade de carácter neurodexenerativo.
As sesións desenvolveranse de forma continua, sen data de conclusión, baixo a dirección da psicóloga da asociación, Rita Touza. É por este motivo que o prazo de inscrición continuará aberto de forma permanente. Para anotarse, tan só é necesario dirixirse á sede da entidade, na rúa Río Castro, 43-45, baixo, Ferrol.
Os Talleres de Memoria celébranse na aula formativa de AFAL e estrutúranse en dúas sesións á semana de dúas horas de duración (os luns e xoves, de 16,30 a 18 horas). Para facilitar asístenacia, AFAL Ferrolterra estableceu prezos alcanzables de 10 euros ao mes para os socios e socias da entidade e de 30 euros para as persoas que non teñan esta condición.
Os Talleres de Memoria que activa agora AFAL Ferrolterra forman parte da programación formativa da asociación. Unha programación que tamén inclúe charlas, coloquios ou cursos.











