AFAL dará a coñecer a enfermidade de Alzheimer nunha charla aberta ao público en Canido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

AFAL Ferrolterra ofrecerá unha charla sobre Alzheimer no local da SDR Canido o próximo venres, 8 de novembro, a partir das 20 horas. Con entrada libre e gratuíta, estará impartida por Noelia Ríos, terapeuta ocupacional do Centro de Día da asociación en Ferrol, e nela abordarase en que consiste a enfermidade, os seus principais síntomas e modo de afrontala, entre outros aspectos. A charla tamén incluirá unha quenda de preguntas para que o público teña a posibilidade de expoñer as súas inquietudes e consultas. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Milagres Prieto Gondell, invitou á cidadanía a asistir e participar nesta e quixo agradecer moi especialmente a sensibilidade cara a esta doenza tanto da AVV de Canido como da ASC Muíño do Vento, que co-organizan a actividade.

Así mesmo, Milagros Prieto recordou que dende o pasado mes de xullo AFAL ofrece ás asociacións de veciños da súa área de influencia a posibilidade de acoller charlas informativas nos seus respectivos locais sociais en torno á enfermidade do Alzhéimer. O obxectivo non é outro que sensibilizar á sociedade en xeral respecto a esta doenza. Así, as asociacións que estean interesadas en acoller esta conferencia tan só deben dirixirse a AFAL Ferrolterra. Para iso, teñen á súa disposición o correo electrónico afalferrolterra@afalferrolterra.com, o teléfono 981 37 06 92 ou ben poden solicitalo nas propias instalacións da entidade, situadas na rúa Río Castro, 43-45, baixo Ferrol.

Baixo o lema “Alzhéimer ou esquecemento, como diferencialo? “, profesionais do equipo multidisciplinar que traballa nos centros de día xestionados por AFAL intentarán dar resposta a tres preguntas clave: Que é o Alzhéimer?, Como detectalo? y Como abordar a situación? Tras levar a cabo a iniciativa en Esmelle, agora será a quenda de Canido.

31 de outubro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.