Adeto festexa o Samaín co “Xoves Tolo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

ADETO co motivo do Samain mañan  31 de Outubro celebra o “Xoves Tolo” adornando as rúas, realizando novas campañas e incentivando os comercios a adornar os seus escaparates.

Nesta nova campaña de ADETO, en colaboración cos establecementos participantes, asociados se non asociados, están a convertir Tomiño nunha vila na que respira un bo ambiente de Samain, xa que tanto ADETO como os establecementos en xeral están a adornar as rúas e os seus escaparates con detalles desta data de orixe Celta.

Entre as campañas a destacar para este día están os descontos que poden atopar os clientes tanto nos comercios como na hosteleria o realizar as compras mañan xoves 31 nos establecementos co cartaz identificativo. Descontos que cada establecemento así determina.

Ademais, recibirán unha rifa que o fará participe no sorteo que vai celebrar ADETO as 21.30 horas na praza do Seixo dun único premio de 150 euros a gastar nos establecementos participantes. Este sorteo ten caracter presencial, polo que os que queiran participar en dito sorteo terán que acercarse a partir das 21.00 en dita praza para introducir na urna o número que o pode facer valedor do premio.

Ademais en ADETO propón os establecementos que decoren os seus escaparates para vivir o verdadeiro espiritu Samain, facendo un concurso entre os establementos para ver quen mellor decora o seu establecemento, que xunto ca decoración de ADETO nas rúas, farán que Tomiño revivan a verdadeira festa Celta.

30 de outubro de 2013 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.