ADETO desenvolve un curso de escaparatismo entre os asociados
O comercio de Tomiño, coñecedores da importancia dun bo escaparete, asisten ao curso de escaparatismo impartido polo mestre Kike Corbacho.
Nos días nos que estamos é importante coidar todos os detalles nun comercio, e o escaparate é un dos principais reclamos dun bo establecemento, é unha fonte de atracción pública e un medio de comunicación cos potenciais clientes. Partindo desta idea, ADETO xunto coa empresa Grupo Formate imparten un curso de escaparatismo onde se estudia e pon en práctica a comunicación visual, organización, composición, mensaxes que transmitimos cos productos e máis outros temas que o mestre Kike Corbacho explica e pon en práctica nas instalacións de ADETO, que é onde se está a desenrolar o curso.
No curso, que ten un carácter práctico, explícanse tamén nocións teóricas, para axudar ós asistentes a entender e comprender a importancia do que ven os clientes antes de entrar nun establecemento.
En ADETO apóstase polas campañas promocionais, pero tamén pola formación dos profesionais que están á fronte dos seus negocios.











