publicidade hoxe

“Actívate” leva aos concellos do Salnés 12 actividades formativas para xóvenes

Un total de 1.174 mozos e mozas, de entre 16 e 35 anos, de 45 concellos beneficiaranse das actividades formativas do programa Actívate 2013 posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. Na comarca de Arousa haberá 12 cursos formativos para mozos.

Con este plan, que conta cun orzamento de 102.200 euros, preténdese ofrecerlle á xuventude oportunidades de formación en ámbitos que resultan do seu interese e que poden contribuír a mellorar a súa capacitación, fomentar as relacións de cooperación e xerar novos modos de ocupación do lecer.

Os beneficiarios son os concellos de menos de 15.000 habitantes; as actividades formativas teñen unha duración máxima de 40 horas e abarcan áreas coma as novas tecnoloxías, a agricultura, a artesanía en papel, vidro e outros materiais, as actividades artísticas, as reparacións domésticas, bricolaxe, cociña ou servizos ás persoas, entre outras. As accións formativas contarán cunha parte eminentemente práctica para garantir unha mellor aprendizaxe.

AROUSA

A Illa de Arousa: a internet e o correo electrónico

Caldas de Reis: tapicería

Cuntis: herboristería, herbas medicinais

Meaño: aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios

Meis: cultivo agrícola, horticultura

Pontecesures: elaboración de páxinas web

Ribadumia: tapas, pinchos e canapés

Sanxenxo: atención e coidados básicos do neonato e o lactante, creación dunha horta ecolóxica

Vilagarcía de Arousa: cultivo agrícola, horticultura, e un curso de xogo infantil

Vilanova de Arousa: cultivo agrícola, horticultura

8 de outubro de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.