Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para os novos comedores Sénior de Esteiro e San Pablo-Catabois

Visita ao novo comedor socios de Esteiro
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou o local veciñal de Esteiro para comprobar o resultado dos traballos de adaptación e de mellora da accesibilidade feitos nesta sede para albergar un novo Comedor Sénior da Concellería de Benestar Social. Rey Varela aproveitou esta visita, que realizou acompañado do concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro, e da edil de barrio Martina Aneiros, para anunciar a apertura do prazo de presentación de solicitudes para os dous novos Comedores Sénior abertos polo Goberno Municipal: este de Esteiro e o de San Pablo-Catabois para a súa próxima entrada en funcionamento. Así as cousas, os modelos de solicitude pódense recoller e entregar dende mañá no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol.
O rexedor municipal destacou que “os nosos maiores contarán con 60 prazas máis coa próxima apertura destes dous novos comedores en Esteiro e San Pablo, o que suporán un total de 120 prazas cos Comedores que xa funcionan no Ensanche, na rúa de Río Xubia, e en Caranza”. Neste sentido, Rey Varela lembrou que a posta en marcha dos novos comedores sénior “é un compromiso asumido polo Goberno Municipal no Plan de Oportunidades” e que permitirá “facilitar unha alimentación adecuada e equilibrada aos maiores, procurara un espazo relacional e de vínculos de amizade e relación coa comunidade, ademais de evitar e previr o deterioro das condicións de vida dos nosos maiores”.
Na actualidade, o comedor sénior do Centro Municipal de Río de Xubia acolle a un total de 25 persoas maiores, mentres que ao de Caranza están acudindo 18, polo que se atopan 17 prazas dispoñibles entres os dous. O servizo municipal de Comedores Sénior está dirixido á mellora do benestar e calidade de vida das persoas maiores de 65 anos e que o prezo total do menú é de 5,50 euros do que o Concello de Ferrol paga unha media de 4,90 euros ao día e por persoa, o que supón o 90% do prezo total do menú.
Plan de Barrios
O alcalde de Ferrol aproveitou a súa visita ao Comedor Sénior de Esteiro para dar conta das actuacións levadas a cabo polos servizos municipais e empresas que traballan para a Administración local con motivo do Plan de Barrios, que a semana pasada centrouse en Esteiro e Recimil. Os actos institucionais do Día de Ferrol en Lugo con motivo do San Froilán adiaron o habitual repaso dos venres do Plan de Barrios á xornada de hoxe.
No que atinxe aos traballos máis relevantes, estes foron:
– Reparación de 19 tramos de beirarrúa en Españoleto, Zurbarán, Fernando VI, Avenida de Esteiro, San Amaro e Soto; e outros 16 tramos na praza de Sevilla e na rúa Carvalho Calero.
– Instalación de novas papeleiras en Esteiro.
– Pintado de 37 pasos de peóns, 11 stops e 8 prazas de minusválidos en Esteiro; e outros 29 pasos de peóns en Recimil.
– Parques e Xardíns: Realizouse a sega dun total de 52.177 metros cadrados de zonas verdes en Esteiro; e doutros 5.789 metros cadrados en Recimil.
– Ademais, durante os vindeiros meses procederáse a podar o arbolado de: Avenida de Esteiro, Praza Concepción Arenal, Taxoneras, Mac-Mahón, Vecinais 1-2 e 3, Cadro de Esteiro, Praza do Tetris, Praza Álvaro Cunqueiro, Praza do Himno Galego, rúa Españoleto, Naturista López Seoane e praza do Diapasón. No que atinxe a Recimil, os próximos traballos de poda se acometerán en Praza de Sevilla, rúa Carballo Calero, rúa Valdoviño, rúa Álvarez de Soutomaior, e rúas As Pontes, Neda e Ares.
– Durante os meses de novembro e decembro realizaránse os traballos de plantación de flor de estación nas seguintes zonas verdes: rotonda de González Llanos, Avenida de Esteiro, Praza de Concepción Arenal, Veciñais 1 e 2, praza do Himno Galego e Praza 10 de marzal.
A valoración total dos traballos executados a semana pasada en Esteiro e Recimil ascende a 80.495 euros.











