Aberto o prazo de inscrición no I Certame de Creación IMAXINART 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

A Concellería de Xuventude convoca o I Certame de Creación IMAXINART 2013 co obxectivo de promover e premiar a creatividade dos mozos e mozas creadores de Compostela de entre 16 e 30 anos, empadroados en Santiago de Compostela ou que estean realizando os seus estudos nun centro educativo deste municipio. A finalidade deste concurso é a creación da imaxe corporativa que se vai empregar nos materiais publicitarios das diferentes iniciativas, programas e actividades desenvolvidas por este departamento municipal. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, ben sexan de creación individual ou en grupo. As obras deberán ser inéditas e non supoñer, en todo ou en parte, copia ou plaxio de escenas fotográficas, carteis ou debuxos xa publicados en calquera das súas formas. O prazo de inscrición estará aberto do 1 de outubro ao 30 de novembro de 2013.

O xurado do concurso estará composto por especialistas no ámbito do deseño e da imaxe e será presidido pola concelleira de Xuventude, actuando como secretario o xefe do Departamento de Xuventude.

O premio do certame consistirá en ser a imaxe da Concellería de Xuventude, estando presente en todos os elementos promocionais resultantes o nome do premiado. Ademais, o gañador recibirá unha Tablet Kindle Fire HD de 8,9″.

2 de outubro de 2013 | 16:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.