A zona da rúa Aldea de Cervo será desinsectada tras detectar presenza de pulgas
A Concellería de Medio Ambiente informa de que a semana que vén unha empresa especializada desinsectará a zona da rúa Aldea, no núcleo de Cervo, despois de ter coñecemento da presenza de pulgas a raíz dun aviso veciñal. Hai unha semana, o Concello efectuara unha primeira actuación para tentar detectar o foco de orixe, que foi localizado nesa zona.
Agora o Concello decidiu encargarlle a unha empresa autorizada a exterminación das pulgas. A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, asegurou que se trata dunha situación puntual e que, agarda, estea solucionada despois da desinsectación. A administración cervense informará á veciñanza do momento exacto da actuación.











