A XXXI Carreira Pedestre da Amaía, en Brión, xa conta con preto de 230 corredores inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónDeportes
A-
A+

Preto de 230 corredores, 150 na modalidade de adultos e case 80 nenos, xa formalizaron a súa inscrición na XXXI Carreira Pedestre da Amaia, que terá lugar este domingo 6 de outubro. O Concello de Brión lembra que non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, polo que aquelas persoas que desexen en participar deberán anotarse a través de internet (www.concellodebrion.org) antes deste xoves 3 de outubro. As inscricións dos adultos custarán 5 euros, mentres que as dos menores de 12 anos son de balde.

Os percorridos serán os mesmos que os da edición de 2012. Ás 10:30 horas, os menores de 12 anos darán dúas voltas arredor da Carballeira de Santa Minia (uns 500 metros) e ás 11:00 horas disputarase a categoría absoluta, de 8 quilómetros de lonxitude. O Concello de Brión entregará trofeos e premios en metálico aos 6 vencedores absolutos (3 homes e 3 mulleres) e trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha das trece categorías establecidas, así como para o primeiro home e a primeira muller empadroados en Brión. Ademais, haberá camisetas e bebidas para todos os participantes que cheguen á meta dentro do control, que se pechará 50 minutos despois de que o primeiro clasificado entre na liña de meta.

1 de outubro de 2013 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.