A xoven soprano Ner ofrece un concerto en Gondomar
O próximo domingo, 3 de novembro, o Auditorio Lois Tobío acollerá, ás 20.00 horas, o concerto da xove soprano Ner, que interpretará un repertorio de arias (peza musical para ser cantada por unha voz solista) pertencentes a importantes óperas de afamados compositores. Os asistentes poderán gozar de arias das óperas La Bohéme e outras xa coñecidas baixo a dirección do maestro José P.
O prezo da entrada é de 3 euros.











