A xerencia do catastro atende consultas e reclamacións da revisión do IBI no centro de Matosinhos
Rematado o prazo de notificación electrónica, a Dirección Xeral do Catastro abre no mes de outubro o prazo de exposición pública e presentación de reclamacións dos datos da revisión catastral que o organismo dependente do Ministerio de Hacienda está a levar a cabo en Vilagarcía. Para atender as consultas dos cidadáns respecto aos novos valores do IBI que se lles remitiron previamente, así como para tramitar reclamacións ou corrección de datos, a Xerencia do castro abriu unha oficina nas dependencias municipais de Matosinhos que estará operativa ata o 30 de outubro.
A oficina temporal habilitada no Centro de Formación de Matosinhos permanecerá en funcionamento do 1 ao 30 de outubro. As persoas que desexen ampliar información, requirir algún documento, presentar reclamacións ou realizar algunha corrección sobre os datos notificados relativos aos novos valores aplicados aos seus bens inmobles deben dirixirse a esta oficina de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Catro funcionarios da Xerencia do Catastro se encargarán de atender aos contribuíntes e de ofrecer as explicacións técnicas correspondentes. O servizo contará co apoio de dous funcionarios do Concello para a tramitación de asuntos.











