publicidade hoxe

A vertedura que afectaba ás augas do regato de Porta Antiga, na zona de Monte Xalo en Cerceda quedou solucionada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaLocal
A-
A+

O persoal de Augas de Galicia tras desprazarse á zona, confirmou a eliminación do vertidos existentes no regato de Porta antiga. Esta problemática, ten a súa orixe nunha fisura dun pozo colector que transportaba augas residuais dunha urbanización cara a unha estación depuradora localizada nas proximidades.

Unha vez atopada a causa, os técnicos dependentes do ente autonómico requiriron á comunidade de propietarios a reparación da fisura. Para finalizar, xirouse unha inspección comprobando que o punto de vertido foi correctamente eliminado. É dicir que a greta foi tratada correctamente, e que as augas residuais foron depuradas. Polo que, quedou constatado o acondicionamento da zona afectada, o regato de Porta Antiga en Monte de Xalo, Cerceda.

16 de outubro de 2013 | 00:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.