Á venda a Lotaría de Nadal do Santiago Futsal
Xa está á venda a Lotaría de Nadal do Santiago Futsal deste ano, que se xoga ao número 17.408. Venderanse participacións de 6 €, das que se xogan 5 € e 1 € é de donativo ao club.
As participacións están á venda nas oficinas do club e en diferentes puntos de venda como a cafetaría do Multiúsos, o Café Bar Rakel, a Adega de San Lázaro, o Bar Polígono ou o Café Bar Leo. Tamén estará á venda antes dos partidos do Santiago Futsal na casa, tanto nos despachos coma no vestíbulo de entrada











