A veciñanza de Poio mellora a súa reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Os poienses cada vez cometemos menos erros á hora de reciclar envases no contedor amarelo. Según Ecoembes, a sociedade que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases lixeiros no contedor amarelo, o esforzo común de veciños, empresas e a administración municipal logrou seguir a reducir a porcentaxe de residuos depositados erroneamente.

O concelleiro de Servizos e Sanidade, José Ángel Lodeiro, apunta tamén que aumentou notablemente a concienciación sobre a necesidade de respetar e coidar o entorno, como se pode ver co incremento de kg de envases lixeiros correctamente depositados. Ademais, sinala que o municipio de Poio se atopa por debaixo da media de residuos impropios, cunha porcentaxe do 19,9 %, cinco puntos menos da media estatal e case 10 puntos menos que a galega, que se sitúa nun 28,4 %.

Esta mellora nos resultados conseguiuse grazas á labor cidadá, á maior información da que dispoñen os usuarios, e a un proceso de innovación dos servizos de xestión de residuos. Desde a concellaría de servizos destácase a mellora na recollida selectiva, e continúase a traballar para promover a correcta separación dos envases, xa que é fundamental para garanter a reciclaxe posterior e por conseguinte proporciona unha maior eficacia ambiental.

24 de outubro de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.