A veciña de Cervo, María Baltar, recibe a visita do rexedor na celebración do seu 103 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Entrega de agasallo a María Baltar polos seus 103 anos

Entrega de agasallo a María Baltar polos seus 103 anos

María Baltar, a veciña de Viladesuso que este mes cumpriu 103 anos, recibiu a visita do alcalde de Cervo, Alfonso Villares e da edil de Servizos Sociais, Pilar Armada. Un acto emotivo no que estiveron presentes fillos e netos de María e no que o rexedor felicitou á centenaria polo seu aniversario e lle entregou un ramo de flores.   

María Baltar é nestes momentos a veciña máis lonxeva do municipio de Cervo. Villares interesouse polo seu estado de saúde e de ánimo e desexoulle “que cumpra moitos máis e que siga sendo a avoa de Cervo durante moito tempo”.

25 de outubro de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.