A Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo e Cpsicoservice lanzan un curso de entrenamento mental
A Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo e Cpsicoservice, lanzan esta terceira edición deste curso en Galicia, tras a gran participación nas primeiras edicións en Galicia e en Cataluña.
Dirixido a profesionais do deporte: adestradores, fisioterapeutas, masaxistas, psicólogos, directivos, árbitros… e tamén para deportistas e estudantes, o curso ten como obxectivo mellorar as habilidades e aptitudes de todos aqueles que queiran avanzar e optimizar o seu labor no mundo do deporte.
Desenvolverase en Lugo os días 27 de Novembro, 4 e 11 de Decembro.
a) Temática:
Módulo 1: Comunicación no deporte
Módulo 2: Cohesión grupal e construción do equipo
Módulo 3: Liderado e Construción de equipos
Módulo 4: Ferramentas psicolóxicas no deporte
Módulo 5: Ansiedade e autocontrol
Módulo 6: Xestión de emocións e Intelixencia emocional
b) Metodoloxía:
Exposicións teóricas
Exercicios prácticos
Sesións prácticas tuteladas











