A Sociedade Filharmónica Ferrolá e o Concello organizan unha conferencia sobre Verdi
A Biblioteca Municipal Central acolle mañá, mércores día 30, unha conferencia sobre Giuseppe Verdi, actividade que conmemora o nacemento deste virtuoso da música romántica. A charla será impartida por Julia María Dopico Vale e dará comezo ás 19:30 horas na Sala Audiovisual da Biblioteca.
Esta iniciativa está promovida pola Sociedade Filarmónica Ferrolana e conta coa colaboración do Concello de Ferrol. Así mesmo, Richard Wagner tamén terá o seu homenaxe a través dunha conferencia que se celebrará o vindeiro 13 de novembro. Ademais, durante os días que se realizan estas charlas sobre os dous virtuosos, todos os usuarios da biblioteca terán á súa disposición unha ampla mostra discográfica e bibliográfica para o préstamo.











