A Selección Galega da clase 420 xa se encontra en Palma para disputar a Copa de España
420:
A Selección Galega da clase 420 xa se encontra en Palma para disputar a Copa de España da mesma clase, o equipo está dirixido por Pepe Lis, e cuxos integrantes son os seguintes:
– Alicia Ávila/ Carmen Martínez R.C.N.Portosin
– Andrés Álvarez/ Sergio Rodríguez L.C.Vilagarcia
– Adrián Domínguez/ Calixto Abalo L.C.vilagarcia
A Selección Galega parte con grandes posibilidades para realizar un bo papel, esta proba é valedoira para a formación do equipo nacional que acudirá aos mundiais e europeos, nesta proba enfrontaranse contra un total de 87 embarcacións vindas dende toda a xeografía española. Os regatistas galegos xa levan dous días en Palma de Mallorca nas instalacións do C.N.S´Arenal preparando as embarcacións e probando o Campo de Regatas.
Ademais da selección Galega de Vela acudirá á devandita proba un equipo de Clase composto por sete embarcacións a maiores:
– Pedro Martínez/ Luis Bugallo L.M.Vilagarcia
– Patricia González/ Pilar Amara R.c.N.Vigo
– Marcos Fernández/ Pedro García R.C.N.Portosin
– Pablo Ávila/ Antón Calo R.C.N.Portosin
– Xaquín Fernández/ Nicolás Tome R.C.N.Portosin
– Irene Aladro/Paula González C.N. Puntalagoa
Laser Radial:
O Equipo Galego da Clase Laser acudiu ao Campionato de España que se celebro en Tenerife dende o 22 ao 26 de outubro, a expedición estaba composta por:
– Alberto Basadre C.M.Canido
– Alvaro Sobral R.C.N.Sanxenxo
– Laura Sarasola C.M.Oza
Foi unha semana de regatas bastante inusual cuns ventos moi inestables e cunhas correntes moi fortes, estas condicións cre4aron moitos problemas á organización para poder sacar probas, finalizándose o Campionato con 8 probas de 12 que estaban programados.
O mellor galego Fue Alberto Basadre Alzandose na vixésimo quinta posición mentres que os outros regatistas sufriron bastantes contratempos coas súas embarcacións que propiciaron que non puidesen rematar algunha das probas.
Cabe destacar a boa organización que houbo en terra.
2.4:
O galego Francisco Piñeiro roza o podio no III Trofeo Internacional Iberdrola Celebrado na baía de Valencia celebrado do 22 ao 26 de outubro.
Tras realizar tres días de Barloventos sotaventos o Galego mantívose en terceira posición realizando moi boas probas con ventos medios, o ultimo día se realizo a regata costeira que lle privo do podio ao rematar mal clasificado na devandita proba quedando ao final nun meritotio cuarto posto xa uqe tamén se encontraban realizando o devandito trofeo varios regatistas que se encontran entre os
Top Ten mundiais.
O resto da selección galega estaba composto por:
– Javier Iribarren C.D.Escota
– Antonio Figueroa C.D.Escota











