publicidade hoxe

A Ruta do Viño do Monterrei celebra o I Festival da Vendima

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonterreiVerín
A-
A+

A Ruta do Viño de Monterrei celebrará o próximo 19 de outubro o I Festival daVendima de Monterrei, nunha xornada na que as bodegas e a comarca de Monterrei reciben ao visitante cun completo programa de actividades.

A partir das 10.30 as bodegas de Monterrei abrirán as súas portas, realizando visitas guiadas polas súas instalacións, agora en plena actividade. Posteriormente, na viña experimental do Inorde, situada na subida ao Castelo de Monterrei, todos poderán participar na vendimia. O persoal técnico do Inorde fará un percorrido polas distintas variedades acolleitas á D.O. Monterrei, procedendo ao seu cosechado en “improvisadas cuadrillas”. O froito da vide será trasladado nun carro de cabalos ao Castelo, onde se escenificará a operación do pisado da uva, a través do baile e a música tradicional. Será entón cando arranque o festival no interior da Fortaleza. Alí darase cita unha ampla representación da comarca, nunha mostra da artesanía, cultura e do produto local.

A gastronomía e o viño serán claves na xornada, sempre centrada nos produtos propios e cunha ampla oferta que se poderá degustar nun espazo habilitado pola organización no patio do Castelo. Todo amenizado con numerosas actuacións, a través de diferentes manifestacións artísticas que se irán sucedendo no tempo e que incluirán agrupaciones folk, pandereteiras, bandas de gaitas, etc.

Os artesanos locais expoñerán a súa obra, mostrando aos asistentes o oficio xa que estarán traballando na creación de novas pezas. Celebraranse ademais talleres de temática vitivinícola como o de iniciación á cata, no que se poderán degustar as distintas variedades desde a uva, a súa mosto unha vez prensadas e en viño xa acabado.

Haberá ademais actividades de entretenimiento, con talleres para os máis pequenos, a recreación dos xogos tradicionais, sorteos e concursos que manterán unha actividade continuada ao longo do día. Trátase dunha iniciativa que nace da unión, da colaboración entre os distintos concellos, asociacións e colectivos da comarca, posible grazas ao convenio asinado entre as cinco rutas do viño de Galicia e Axénciaa Turismo de Galicia.

4 de outubro de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.