A rúa da Igrexa, en Ferrol, terá dobre sentido de circulación a partir da vindeira semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa que a partir das 09.00 horas do luns 4 de novembro prohibirase o estacionamento na rúa da Igrexa por mor dos traballos de sinalización horizontal e vertical que se levarán a cabo co obxectivo de convertela en rúa de dobre sentido de circulación durante as obras de execución do colector xeral no paseo de Irmandiños, cuxo comezo está previsto para a vindeira semana.  Esta é unha das medidas que se contemplan no Plan de Tráfico elaborado pola Policía Local para o regulamento do tráfico rodado na zona coincidindo coas obras de saneamento.

En concreto, as medidas son as seguintes:

1- Está previsto que o paseo de Irmandiños se corte ao tráfico rodado a partir do vindeiro martes, día 5 de novembro; agás no que atinxe aos accesos aos aparcadoiros e aos peiraos de carga e descarga do Mercado e a Peixería.

2- Para unha mellor comunicación da zona do Porto coa zona Centro, Esteiro e Caranza establecerase dobre sentido de circulación na rúa da Igrexa a partir do vindeiro martes, día 5 de novembro, desde a rúa Coruña ata a rúa Rastro; e cambio de sentido desde a Praza de Galicia.

3- Para poder establecer o dobre sentido de circulación na rúa da Igrexa, quedan prohibidos todos os estacionamentos desde a praza de Galicia até a rúa Rastro, a partir das 09.00 horas do vindeiro luns, día 4 de novembro.

Cómpre salientar que este calendario está suxeito a posibles modificacións que poidan xurdir debido a condicionantes técnicos. O prazo de execución previsto para o colector xeral do paseo de Irmandiños é dende o 5 de novembro até o 22 de febreiro. A plan de traballo recolle que dende o 20 de decembro até o 8 de xaneiro habilitarase un carril de circulación no paseo de Irmandiños.

31 de outubro de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.