publicidade hoxe

A romaría de San Breixo celebrarase o 13 de outubro en Foxás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTouro
A-
A+

A romaría de San Breixo, na parroquia de Foxás, terá lugar o próximo domingo 13 de outubro. Será en honor de Santa Lucía. Haberá misas rezadas ás 10.00 horas, ás 11.00 e ás 12 horas. A misa solemne está prevista para as 13.00 horas. Tamén haberá zonas habilitadas para o tradicional campestre, no que se xuntan veciños de todo o Concello de Touro. Non faltarán as pulpeiras. O campo estará cuberto cunha gran carpa. A tradicional romaria de San Breixo acollerá este ano a II Mostra Artesanbreixo, aberta durante todo o día, e o II Encontro Cabalar, que tamén ofrecerá paseos en ponis para os máis pequenos. A cita contará com pasarrúas a cargo da Banda de Música Cultural de Teo. Galilea e Marbella serán as orquestras que amenizarán a festa.

10 de outubro de 2013 | 01:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.