A retranca de Carlos Blanco inaugura o Festival do Humor de Vilagarcía
Cun home da casa, e un dos principais expoñentes do humor galego dos últimos anos, ábrese mañá o festival do Humor que se desenvolverá todos os venres do mes do outubro ás 21:00 horas no Auditorio. Carlos Blanco abre esta divertida e atractiva proposta lúdica presentada por Barbiero Producciones Artísticas e que nas semanas sucesivas fará subirse ao escenario do Auditorio a outros tres grandes monologuistas no panorama nacional: Sara Escudero Luis Zahera e Beatriz Rico. A entrada custa 7 euros e ata mañá aínda se poden comprar os bonos para asistir ás catro actuacións polo prezo reducido de 20 euros.
Carlos Blanco está considerado como o monologuista galego máis en forma na actualidade. Con cintos de actuacións ás súas costas dende Londres a Madrid, Carlos Blanco preséntase na súa casa, en Vilagarcía para facer o que mellor sabe: Improvisar sobre o día a día que nos rodea, contarnos a actualidade na que vivimos e facer todo isto en medio de innumerables gargalladas.Hora e media de show cargada da retranca que caracteriza a este, actor e humorista.
As entradas para asistir á representación do venres pódense mercar de xeito anticipado a través de www.servinova.com ou chamando ao teléfono 902504500 e mañá na billeteira do Auditorio de 19 a 21 horas. Por outro lado, aínda se poden mercar os bonos para asistir as catro actuacións do Festival do Humor ao prezo reducido de 20 euros, neste caso no pub Hibernia e no café Café. O bono non é nin persoal nin intransferible, polo que pódese comprar entre varias persoas e repartir a asistencia aos espectáculos. Ademais destas facilidades, a promotora tamén sorteará entre as persoas que adquiran os bonos unha noite de aloxamento para dúas persoas no Hotel NH da Coruña, de catro estrelas. A venta de bonos péchase mañá.











