A Red Convergen reúnese na Coruña para intercambiar experiencias en materia de emprego das cidades integrantes

Reunión dos representantes das cidades integrantes
A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, reuniuse hoxe con membros da Rede Convergen, a plataforma integrada por catro cidades -A Coruña, Málaga, Ciudad Real e Granada- e creada para intercambiar experiencias e coñecementos en materia de formación co obxectivo de desenvolver actuacións dentro dos pactos locais para o emprego.
No encontro, celebrado no Pazo de María Pita, os técnicos das áreas municipais das cidades da rede analizaron as últimas accións e políticas activas de emprego. No caso da Coruña, a intervención centrouse no proxecto Red Coruña Emprega II.
Luisa Cid destacou a importancia deste tipo de encontros para combater o desemprego, xa que os expertos teñen neste tipo de plataformas a oportunidade de coñecer e compartir métodos de traballo e boas prácticas para lograr poñer en marcha proxectos de éxito. Os membros da Rede Convergen participarán no Encontro Nacional de Pactos polo Emprego que se celebra mañá, venres 25 de outubro, no centro cultural Ágora.











