A proba galega de surf en Nigrán saldouse con cinco dos sete podios en mans de surfistas locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNigrán
A-
A+
Entrega de premios nas categorías inferiores

Entrega de premios nas categorías inferiores

A praia de Patos acolleu o pasado fin de semana a penúltima proba do Circuíto Galego de Surf na categoría júnior, organizado pola escola local Prado Surf, en colaboración co Concello de Nigrán e a Federación Galega de Surf, e na que participaron máis de 120 surfistas procedentes de distintos puntos da xeografía galega.

As condicións climatolóxicas e das ondas non puideron ser mellores fixeron da praia de Patos un fervedoiro de xente ao longo de todo o fin de semana. Os participantes e os seus amigos e familiares, xente paseando e gozando dunha xornada deportiva na praia, e outros surfistas en distintos puntos da praia fixeron que este areal nigranés estivese a pleno rendemento.

Os surfistas locais obtiveron moi bos resultados, alcanzando cinco dos sete podios dispoñibles. O local Leo Zambrano despregou un surfing super potente todo o fin de semana, impoñéndose finalmente na final sub 16. Luis Ansín, da Lanzada, levouse a mellor nota nunha onda por un aéreo bestial, facéndose co terceiro posto na categoría Sub 18, na que gañou Martín Casal, da Coruña, mantendo un gran nivel ao longo de todo o campionato.

Nas categorías femininas as gañadoras foron Paula Paz, en Sub 18 e a local Cristina Iglesias Rey en Sub 16. O tamén local Borja Malvar se clasificou para as finais de sub14 e sub16 cun bo segundo posto na primeira e un terceiro na segunda categoría.

23 de outubro de 2013 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.