A Policía Local de Ferrol activa un plan especial con motivo de defuntos que estará en vigor ata o vindeiro domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa que durante os vindeiros días implantará un plan especial con motivo da festividade de Defuntos e de Tódolos Santos, que comezará na xornada de mañá mércores pola tarde, día 30 de outubro, e se prolongará até o vindeiro domingo, día 3 de novembro. Un total de 30 axentes municipais estarán mobilizados durante estes cinco días para velar pola seguridade viaria e cidadá nas inmediacións do cemiterio municipal.

Como todos os anos, o plan de tráfico supón as seguintes restricións ou prohibicións:

– O estacionamento na propia estrada de Catabois, no tramo comprendido pola glorieta da residencia e a entrada ao cemiterio, posto que se utilizará toda a calzada para habilitar un carril central de xiro e así evitar ralentizar o tráfico de saída.

– Converterase en vía de un único sentido (en dirección á estrada de Catabois) a pista da parcelaria que procede da zona de Mandiá.

– Converterase en sentido único o Camiño da Pega (en dirección ao hospital naval).

Dende a Policía Local se sinala que con estas medidas se queren evitar complicacións nos accesos ao cemiterio municipal.

29 de outubro de 2013 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.