A Policía Local de Cambre detén “in fraganti” a un ladrón cando roubaba nunha empresa de despezamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal Portada
A-
A+

Axentes da Policía Local de Cambre detiveron unha persoa por cometer un roubo con forza nunha empresa de despezamentos sita na Telva. Os axentes ao pasar pola zona observaron a un varón que ante a presenza policial escapou á carreira sendo alcanzado polos policias, e unha vez preguntado por ese comportamento e ante o incoherente da resposta, revisaron as inmediacións onde foi localizado, observando que xunto a un vehículo había pezas de vehículos e catro rodas de camión, polo que foi detido e posto a disposición do xulgado de garda da Coruña.

Así mesmo na madrugada do domingo 2 condutores foron denunciados por superar a taxa de alcohol establecida para poder circular, sendo inmobilizados os vehículos.

21 de outubro de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.