publicidade hoxe

A Pobra de Trives acolle unhas xornadas de cooperativismo na castaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

A Oficina de Fomento Cooperativo Macizo Central – Trevinca, co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e co financiamento do Fondo Social Europeo, continúa a súa actividade de difusión do cooperativismo, no marco da Rede Eusumo, no ámbito dos concellos de A Veiga, O Bolo, A Pobra de Trives e Manzaneda.

Nesta ocasión, temos organizado a celebración dunhas xornadas durante o mes de outubro sobre cooperativismo No sector da castaña, que baixo o título “Cooperativismo na castaña: unha opción rentable”, pretende ofrecer unha visión alternativa do sector da castaña de xeito que se poida explotar para facer dela un negocio rentable. Neste sentido, a cooperativa é unha fórmula adecuada para acadar tal fin.

O curso está dividido en dous módulos: o módulo I, que se realizará os días 7 e 8 de outubro, será un curso sobre cooperativismo e posta en marcha dun proxecto cooperativo, así como aspectos fundamentais do aproveitamento da castaña (plantación, comercialización…). O módulo II será unha experiencia empresarial que se realizará o día 21 de outubro, e na que os asistentes se achegarán a Carrazedo de Montenegro en Portugal (coñecido como a capital da castaña) para visitar unha das maiores extensións de soutos de Europa, e a Valpaços, para coñecer as cooperativas de viño e aceite do lugar.

As incricións para asistir a esta xornada gratuita, poderán facerse nas oficinas municipais da Pobra de Trives, a través do teléfono do concello (988.33.00.00), e a través do enderezo electrónico da Oficina de Fomento Cooperativo Macizo Central – Trevinca (cooperativismo.macizoc_trevinca@yahoo.es).

2 de outubro de 2013 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.