A OMIX de Ortigueira abre o prazo de inscrición do taller sobre entrevistas de traballo
A Oficina municipal de Información Xuvenil de Ortigueira (OMIX) programa o luns 21 de outubro, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, un taller sobre orientación para mozas na procura dun posto de traballo, denominado “Obradoiro teórico práctico sobre a entrevista de traballo”. O departamento municipal abre o prazo de inscripción nesta acción formativa de carácter totalmente gratuito.
Este taller monográfico, incluído no programa “Activa”, desenvolverase de 18 a 20 horas no Centro de Participación Social (Antigo Hospital de San Roque), e estará dirixido a calquera veciño/a de entre 16 e 30 anos, ademais da técnicos/as locais de emprego, animadores/as xuvenís e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da mocidade.
Durante a sesión, que terá unha duración de dúas horas, abordaranse contidos tales como a autoevaluación do candidato/a; posibles nichos de emprego para mozos; obxectivos do programa “Emprende”; ferramentas para atopar un emprego, a importancia de redactar unha carta de presentación e un currículum eficaces ou as técnicas que han de dominarse para enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo.
Desde a OMIX, apúntase que o reto da xornada, realizada con apoio do área de Xuventude da Xunta de Galicia, non é outro que ofrecer aos mozos en situación de desemprego da localidade formación específica que lles axude de face ao futuro nun tema tan sensible, no actual momento de crise, como a súa inserción no mercado laboral.
As persoas interesadas en participar neste taller han de inscribirse chamando ao teléfono 981402542. En caso de haber vacantes, está previsto que poidan asistir tamén maiores de 30 anos. Apuntan desde a área de Benestar Social a crecente demanda de actividades ligadas ao ámbito da orientación laboral entre os usuarios tanto do CIM como da OMIX.











