A oenegé Ecos do Sur organiza unha ruta de tapas e unha feira intercultural

Presentación das novas propostas do programa de inserción para inmigrantes Agra-Activa
O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, acompañado polo director de Ecos do Sur, Francisco Hurtado, presentou unha nova iniciativa que se enmarca dentro do programa Agra Activa 2013 e que se desenvolverá ao longo de toda esta semana: A I Ruta Internacional de Tapas Agra do Orzán e a Feira Intercultural: “Con este programa o obxectivo do Goberno local é favorecer a inserción sociolaboral do colectivo inmigrante, pero para logralo temos que apostar tamén pola integración cultural e por promover espazos de encontro entre a diversidade xeracional e cultural que existe neste barrio”, asegurou o concelleiro.
Miguel Lorenzo explicou que é, precisamente, a rica diversidade do barrio o factor que distingue esta zona doutras da cidade, polo que unha das finalidades de Agra-Activa é fomentar un sentimento de identidade de barrio que favoreza a convivencia, o intercambio cultural e a participación social, ademais da revitalización da zona. Neste sentido enmárcanse tanto a I Ruta Internacional de Tapas coma a Feira Intercultural.
A I Ruta Internacional de Tapas celebrarase dende o martes 15 de outubro ata o día 23, en 15 establecementos do barrio que van dende a gastronomía típica galega como o polbo ou o raxo, ata a cociña de fusión e os pratos típicos de culturas gastronómicas de distintas partes do mundo como as arepas ou o falafel. Galicia, Asturias, Madrid, Brasil, Colombia, México, Turquía e Venezuela estarán representados nesta ruta.
Esta actividade servirá como preámbulo da Feira Intercultural, que se celebrará o sábado 19 de outubro, no Mercado municipal Das conchiñas, dende as 10.00 ata as 21.00 horas Los asistentes terán a oportunidade de gozar de actuacións gratuítas dos máis variado: dende música a teatro, pasando por danza ou maxia; ademais de talleres, degustacións gastronómicas, charlas, postos de artesanía e de oenegés: “Sen dúbida é unha oportunidade perfecta para que os diferentes colectivos se coñezan e se abran, fomentando a súa colaboración na promoción desta actividade”, destacou Lorenzo, quen animou a todos os residentes, tanto do barrio coma da cidade, a participar nesta iniciativa: “Todo o que se faga en Agra-Activa non serve de nada se non contamos coa implicación activa das entidades, das empresas e dos veciños, ademais dos profesionais”, resaltou.
Miguel Lorenzo recordou que o programa Agra-Activa, que se enmarca no proxecto Urbana C, conta cun presuposto de 162.000 euros e está cofinanciado cos Fondeos FEDER. Trata de atender as necesidades da poboación inmigrante residente no Agra, ademais de promover a empleabilidad e apostar pola implantación de políticas de igualdade de oportunidades e de xénero entre esta poboación. Ao longo do ano promóvense actividades, como neste caso, relacionadas coa dinamización sociocultural, pero que pasan tamén polo asesoramento, a creación de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, mediación, apoio psicolóxico ou iniciativas emprendedoras.











