A obra “Viva a Crise de Fulano, Mengano e Citano” inicia á programación cultural deste trimestre en Gondomar
A Concellaría de Cultural do Concello de Gondomar pon en marcha este domingo, día 6, a programación cultural para o próximo trimestre. Fulano, Mengano e Citano serán os encargados de dar comezo a esta programación na que o teatro é o protagonista.
En Viva a Crise, Fulano, Mengano e Citano ofrécennos teatro, humor e moita imaxinación, elementos imprescindibles que non faltan en ningunha das súas obras. Igual que en pezas anteriores como Olor de Estrelas, O Faro, ou Schss…, con Viva a Crise de novo falan en presente, abordando con humor a máis viva actualidade.
A cita será no Centro Cultural de Borreiros, ás 19.00 horas. A entrada é libre











