A nova directiva do Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro reuniuse co alcalde de Ames

Reunión da directiva Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro co alcalde de Ames, a concelleira de Maiores, e o concelleiro de Urbanismo
O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado da concelleira de Maiores, Carmen Verde, e do concelleiro de Urbanismo, Alfredo Taboada, recibiron esta mañá na Casa do Concello á nova xunta directiva do Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro (JUPEMI), que foi elixida polos membros desta asociación o pasado 30 de setembro.
Por parte do Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro (JUPEMI) asistiron o seu presidente, Eliseo Cives García; o vicepresidente, José Ramón Tato Rendo; o secretario, José Aurelio Fernández García; o tesoureiro, Julio Moreira, e un dos vocais, Eugenio López.
O obxectivo deste encontro foi felicitar e coñecer á nova xunta directiva de JUPEMI e analizar a situación actual da asociación. Ademais, os membros do Goberno municipal e da entidade repasaron os termos colaboración actual e abordaron a posibilidade de ampliar esta no futuro a través de diferentes actividades.
Na reunión, o Goberno amiense tamén lle expresou á nova directiva de JUPEMI a vontade de colaboración municipal na labor que desenvolven.











