A Mesa de Comercio Local de Boiro reuniuse para informar sobre o proxecto de obra de mellora da rúa peonil Severo Ochoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal
A-
A+
Reunión da Mesa de Comercio Local de Boiro

Reunión da Mesa de Comercio Local de Boiro

Este órgano de participación está presidido polo Alcalde e forman parte a Concelleira delegada de Comercio, un representante da Patronal boirense e un representante da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

Como único punto na orde do día a tratar, dar conta do citado proxecto que xa se está executando nesta rúa.

A Rúa Severo Ochoa, trátase dunha das rúas céntricas de aproximadamente 70 m de lonxitude que articula a conexión entre a Avda da Constitución, principal eixo de circulación da vila, e a maior dotación de prazas de aparcamento e a Rúa Peonil, que consitúen o eixo fundamental do Comercio Local no Concello de Boiro.

O deseño da rúa, inalterable dende os anos 70, faina pouco atractiva  visualmente na actualidade para o peón, que escolle outras alternativas de circulación. Esta falla de tránsito peonil provoca o peche dos pequenos comercios establecidos na rúa.

O Goberno considerou como moi necesaria a renovación da imaxe desta rúa, a mellora da calidade do tránsito peonil con beirarrúas de maiores dimensións, mellorar a iluminación e a dotación de mobiliario urbano.

É necesario tamén facer a rúa accesible a persoas con mobilidade reducida e polo tanto acometer unha reforma integral que a integre no eixo comercial da vila.

15 de outubro de 2013 | 20:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.