A Manomunidade de Ordes acorda a súa oposición frontal á subida do canon lixo
O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acordou en sesión plenaria extraordinaria o rexeitamento total e unánime ó incremento nun 33,5% do canon do lixo plentexada por SOGAMA recentemente. Unha decisión que se reflicte na disposición asicional 21ª do proxecto de lei de orzamentos xerais da CC.AA.
Os representantes dos sete concellos da Mancomunidade asinaron unha moción na que expoñen as dificultades no ámbito municipal para facer fronte a esta suba, da dificultade de ter que trasladar este incremento á súa veciñanza, así como a escasa marxe de maniobra e alegacións ao tratarse dun anuncio plasmado a través dunha lei de orzamentos. Todo isto nun momento no que a maioría dos Concellos están a sufrir unha disminución dos seus ingresos e que nalgúns casos os obriga a estar suxeitos a plans de axuste económicos e financieiros según a normativa de estabilidade orzamentaria estipulada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Todo elo os obriga a levar un control exhaustivo dos gastos, que pasan por unha elevada disminución dos mesmos.
Na moción aprobada en pleno ínstase ás empresas públicas a realizar un esforzo proporcional ao que leva realizando o conxunto da poboación. Co fin de poder ter un criterio máis pormenorizado de si este é o xeito de proceder por parte da sociedade, o pleno reclámalle máis transparencia e toda a información precisa das súas contas. Neste aspecto aseguran estar sorprendidos do incremento dun 6,56% en gasto de persoal, en contraposición ás estatísticas á baixa que se dan no conxunto das administracións e empresas públicas. Por outra banda tamén chama poderosamente a atención que o custe medio ascenda a máis de 50.720 euros, situándose moi por riba doutras administracións públicas.
Respecto ao resto dos gastos da memoria dos seus orzamentos recóllese un beneficio despois de impostos que sobrepasan os 6.624.000 euros. Tendo en conta que o sistema de tratamento de SOGAMA é o único ao que poden adheririse a case totalidade dos Concellos de Galicia, poderíase falar en termos prácticos dun mopolio no servizo, polo que sería preferible tratar o citado canon como unha taxa. Deste xeito evitaríse a posibilidade de exceder o seu rendemento do custe de beneficios, o que evitaría a obtención de beneficios a costa do sobrepago por parte da cidadanía.
En materia de tratamento de residuos dende a Mancomunidade de Ordes considérase que dista moito de ser o óptimo, soterrándose unha gran parte del no seu vertedoiro e sen esquecer que a posibilidade de que a incineración poida non ser a opción para todos os residuos.
Por todo elo maniféstase o rexeitamento á suba desproporcionada do citado canon e á forma de facer efectiva a mesma.
Ademais deste punto na sesión celebrada onte tamén se acordou a solicitude da subvención á Consellería de Traballo e Benestar para poder continuar co programa realizado polo axente de emprego no ámbito municipal de Oroso.











