A Laracha mellora a estrada que comunica Riotorto con A Barreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha está a mellorar a estrada que comunica os lugares de Riotorto e A Barreira, na parroquia de Torás, nunha vía moi próxima ao casco urbano da capital municipal.

Nesta carreteira estase ampliando a súa anchura, o que permitirá mellorar a seguridade viaria facilitando o tránsito dos vehículos e tamén dos peóns que se desprazan a pé. Nunha segunda fase de actuacións está previsto acometer a renovación do pavimento na superficie da calzada.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e Jesús Souto, edil responsable das áreas de urbanismo e obras públicas, visitaron o lugar das obras, onde mantiveron unha reunión co responsable da empresa contratista para coñecer persoalmente o desenvolvemento dos traballos.

19 de outubro de 2013 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.